Monday 13 de May de 2024

As familias de Brión que queiran participar no programa de acollida “Vacacións en Paz 2019” deben solicitalo antes do 23 de novembro


 

Un ano máis o Concello de Brión colaborará coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí no programa “Vacacións en Paz 2019”, unha campaña solidaria para o acollemento temporal de nenos e nenas saharauís. As familias de Brión interesadas en participar neste programa de acollida deberán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais antes do 23 de novembro, ben acudindo ás oficinas no centro social polivalente ben por teléfono no 981 50 99 10.

En edicións anteriores, varias familias brionesas acolleron nos seus fogares un neno ou unha nena saharauí, procedente dos campamentos de refuxiados de Tindouf (Alxeria), durante os meses de xullo e agosto. “Vacacións en Paz” é un programa que busca que as familias saharauís que habitan nos campamentos de refuxiados poidan ofrecer ás súas crianzas unha estancia estival agradable, humana e de enriquecemento cultural baixo a supervisión e os coidados de familias galegas de acollida.